Saltar a contenido

Internet é un mundo case tan infinito coma a túa propia imaxinación. En internet podes ver series e películas, podes falar cos amigos e coñecer outros novos, podes darlle renda solta a túa creatividade e ate facer os deberes e os traballos do colexio. Con tantas posibilidades é normal que non sempre o teñas todo claro, así que aquí che deixamos unhas webs cheas de recursos para navegar con sentidiño.

  • Navega con Rumbo

    Unha iniciativa do CPEIG en colaboración coa Xunta de Galicia. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que navegues con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que entendas a necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
  • Chaval.es

    Unha iniciativa da Secretaría de Estado de Telecomunicacións para Minetur, posta en marcha por Red.es, que procura salvar a brecha dixital entre nais, pais, titores e educadores respecto ao avance da xente nova no uso das TIC. É unha páxina web de referencia respecto ao bo uso das TIC co obxectivo de formar e informar sobre as vantaxes e posibles riscos que ofrece o panorama tecnolóxico actual.
  • Oficina de Seguridade do Internauta

    Proporciona a información e o soporte necesarios para evitar e resolver os problemas de seguridade que poden existir ao navegar por Internet. O seu obxectivo é reforzar a confianza no ámbito dixital a través da información en materia de ciberseguridade. Neste portal atoparedes información xeral sobre seguridade en Rede e algunhas ferramentas que che axudarán a navegar dun xeito máis seguro.
  • Internet Sin Riesgos

    Unha iniciativa da Área de Xuventude do Cabildo Insular de Tenerife. Dende o 2011 desenvolven un programa de intervención dirixido a xóvenes, familiares e profesores que trata de concienciar sobre o uso seguro de Internet e a prevenir o acoso on line a menores a través de charlas, talleres, cursos, materiais, sensibilización on line, xornadas e diversos estudos.
  • Pantallas Amigas

    Unha iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro das novas tecnoloxías e o fomento dunha cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia. O obxectivo é procurar o pleno benestar físico, mental e social, tanto individual e colectivo mediante o desenvolvemento de competencias cidadás plenas, de valores e habilidades saudables en Rede.